|
|
|
VOLUNTARIADO
Se desexas tan só precisas dispoñer de tempo libre e ter unha actitude positiva, aberta, comprometida e solidaria. Non é preciso que teñas coñecementos específicos, posto que participarás nunha acción formativa impartida pola nosa entidade.
- Podes participar en actividades de ocio e tempo de lecer como excursións e campamentos
- Saídas formativas entre as que se inclúen visitas á comunidade, terapia na piscina,…
- Obradoiros creativos de pintura, baile, barro,…
- Vivenda tutelada na que as persoas con discapacidade aprenden a organizar as tarefas propias do fogar ó mesmo tempo que gozan de momentos de lecer cos seus amigos.
- Fins de semana no que as actividades son moitas e variadas como circuítos de aventura, praia, cine,…
- No que concirne ó teatro, non só na organización da representación, senón tamén na preparación dos materiais para súa realización.
- No Club Polideportivo Juan XXIII onde se potencia o gusto polo deporte e as relación sociais.
Se queres formar parte da nosa rede de voluntariado ou recibir máis información sobre as actividades nas que podes colaborar podes poñerte en contacto a través do correo electrónico Info@asociacionjuanxxiii.org ou ben cubrindo o seguinte formulario.
FORMULARIO DE CONTACTO
|
|
|
|
|
|